lundi 22 mars 2010

GIRÁLDEZ LEVA O SARAMAGO; MOMÁN, O AURELIO AGUIRRE

[A VII edición do Certame de Poesía Aurelio Aguirre e a IX do Certame de Relato Curto “José Saramago” xa teñen gañadores. Son Alberte Momán Noval e Diego Giráldez García, respectivamente. O xurado , que organiza a Concellaría de Cultura de Compostela, dirixida pola nacionalista Socorro García Conde, premiou a Momán Noval gañou, con Sermos un. O xurado valorou a construción do poemario, a perfecta cohesión entre o poético e o real permitindo transmitir unha confesión irreverente a través do verso libre que flúe na conciencia social. O... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 13:29 - Commentaires [0] - Permalien [#]

dimanche 21 mars 2010

A EQUITACIÓN PROTESTANTE

ESTES DÍAS ando amigándome con Auster. Eu nunca o quixen mal a Paul, pero ultimamente dérame dous desgustos con aparciencia de novelas. Auster volve ao realismo e eu volvo a Auster con ‘Invisible’ (Galaxia) a pesar de que o manido Vietnam anda tras desta historia. Temía un libro ideoloxizado. Coa literatura comprometida pásame como coa poesía: acabo vendo impostura onde outros ven convición ou sentimento. En ‘Invisible’ hai un personaxe francés, Rudolf Born, que renegou de toda fe humana tras botar «dous anos combatendo terroristas... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:41 - Commentaires [8] - Permalien [#]
Tags :
jeudi 18 mars 2010

AO SERVIZO DA OPOSICIÓN

BALTAR LEU a Fukuyama. Intúo que o seu referente estratéxico é A fin da Historia e o derradeiro home, o ensaio no que o politólogo proclama eternos as eleccións e o mercado libres. Eladio Fernández asumiu esta gloria infinita saltando a delgada liña vermella entre PSOE-Ou e PP-Ou. Feijóo sabe que as peculiaridades ideolóxicas deron en recursos para as campañas, por iso emite a mensaxe subliminal do interese galego aos electores do partido veciño. Actúa ao xeito de Ralph Allen, o racionalizador do Correos británico a primeiros do... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:31 - Commentaires [1] - Permalien [#]
jeudi 18 mars 2010

83'53 EUROS

A Lonxa Literaria é un dos clubes de lectura máis activos do país. A Consellaría de Cultura ten tanta confianza na súa capacidade para xestionar que lle concedeu unha axuda de 83'53 euros para organizar ducias de actividades ao longo do Ano do Libro e da Lectura.
Posté par Jaureguizar à 21:06 - Commentaires [3] - Permalien [#]
jeudi 18 mars 2010

VOLVE O TERRAS DE MELIDE

O Concello de Melide volve convocar o certame Terras de Melide, no que colabora Edicións Xerais. O prazo de presentación de orixinais está aberto ata o 15 de abril.
Posté par Jaureguizar à 13:11 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 18 mars 2010

UNHA NAVALLA (SUÍZA) DE SETE ESTALOS

Os da Navalla son finalistas da 'Next Generation Online Experience' da NFB canadiana.
Posté par Jaureguizar à 13:07 - Commentaires [1] - Permalien [#]

mercredi 17 mars 2010

MUGURUZA: "SER MÚSICO ES TENER UN IDIOMA PROPIO"

FERMÍN MUGURUZA: ["Ser músico es tener un idioma propio y en seguida (los músicos) conectamos de una manera distinta. La gente tiene ganas de compartir y relacionarse con uno", explica Muguruza en una entrevista a Efe en El Cairo. Muguruza ha completado en Egipto la primera etapa de un gran proyecto audiovisual sobre la música en los países árabes que está realizando para la cadena qatarí Al Yazira, consistente en trece capítulos de 52 minutos cada uno y al que dedicará gran parte de 2010.] O proxecto é unha prolongación... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 21:01 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mercredi 17 mars 2010

2.0

HAI XENTE admirable neste país.
Posté par Jaureguizar à 18:57 - Commentaires [1] - Permalien [#]
mardi 16 mars 2010

AMIS: "I WISH MY SISTER HAS CONVERTED TO ISLAM"

AMIS contradícese para provocar outra volta de porca, en The Guardian: [Martin Amis might have expressed negative views about Islam in the past, but the author told an Abu Dhabi newspaper this week that he believed that if his sister, Sally, an alcoholic who died in 2000, had converted to the religion she might still be alive. Interviewed by Abu Dhabi English-language newspaper The National, Amis said he wished his sister had converted to Islam. "To this day I have this wish – she was always religious and she converted to... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 17:21 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 16 mars 2010

YO LA TENGO: "A ECONOMÍA DE ESTADOS UNIDOS NON DEPENDE DE QUE PUBLIQUEMOS DISCOS"

Iago Martínez esfórzase para entrevistar a un evasivo Ira Kaplan, de Yo La Tengo, para Xornal. Por que facer novos discos se a tal hora Yo La Tengo podería dedicarse a facer só recompilatorios? Porque o pasamos ben. A economía dos Estados Unidos non depende de que Yo La Tengo publique discos. Non o facemos polo benestar do país. Compénsovos coa súa última actuación no escenario do Cabaret Voltaire.
Posté par Jaureguizar à 17:14 - Commentaires [0] - Permalien [#]