mardi 16 mars 2010
É PRIMAVERA EN XERAIS
As novas capas de Xerais gústanme moito, nomeadamente as dúas últimas: a de Moure , coa referencia á famosa fotografía de Riboud e o contraste de tubo de fume e flor vermella, e a do Calveiro, pola elegancia gris e cega da máscara combinada coa humanidade da orella e ailladas de todo elemento.
lundi 15 mars 2010
DOUS AMIGOS FALAN
DOUS AMIGOS falan nun precioso traballo do gran Iago Martínez para Xornal: [Os dous son escritores, en ambos casos distinguidos co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Agustín converteuse en Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947) e Francisco, que nunca chegou a investigar as escolas de emigrantes na Terra Chá, é ben máis coñecido como Xabier P. DoCampo (Rábade, 1946). Deixaron a docencia, pero non a literatura nin a amizade. Para iso, de momento, non hai xubilación.]
lundi 15 mars 2010
UN ESCRITOR PROVINCIANO
A MORTE DE Delibes fixo que, para moitos, pasase de ser un referente para a literatura española a ser un referente para a literatura universal. Cando menos para o periodismo, que tende a reparar nos escritores cando lles conceden o premio Planeta ou no seu pasamento. Onte preguntábanlle na radio a Ferrín se a morte de Delibes era «unha perda para a literatura universal». O noso presidente cultural retrucaba causticamente alegando que el non diría «universal» pois desconfiaba de que «na China ou no centro de África haxa gran... [Lire la suite]
lundi 15 mars 2010
O POLIÉDRICO DIEGO VAI A PARÍS
Diego visita París á espera de que no seu país o estuden en toda a súa dimensión.
samedi 13 mars 2010
O 'GARCÍA BARROS', TAMÉN E-BOOK
A Nosa Terra: [A renovación do convenio entre Galaxia e o Concello da Estrada garante a publicación cada ano das obras gañadoras do certame literario estradense. O novo acordo, que terá unha vixencia de dez anos, introduce como novidade a publicación da novela gañadora da próxima edición do García Barros en formato dixital, polo que a obra poderá adquirirse no formato tradicional e e-Book.]
vendredi 12 mars 2010
BRAVO LAMENTA O DESPREZO DA XUNTA CARA A CULTURGAL
Xornal: [A Concelleira de Cultura, María Xosé Bravo, lamentou este venres a actitude de desprezo que continúa a manter a Xunta de Galiza coa cidade da Coruña ao negarse a aceptala como sede para a celebración do vindeiro Culturgal o mesmo tempo que negou comprometer fondos para a celebración deste evento que tivo unha importante acollida no sector e convertiuse nun apoio para á cultura galega. A portavoz de cultura do BNG, Ana Pontón, defendeu onte, no Parlamento galego, unha Proposición non de Lei sobre a organización da Feira das... [Lire la suite]
vendredi 12 mars 2010
INSULTOS AO PÚBLICO
A fórmula era xa usada polos primeiros cazadores. Amolaban nun animal da manada para aillalo e conducilo á trampa. Permitan un longo salto adiante, ata 1966, cando Peter Handke estrea a obra teatral Insultos ao público. O escritor descubriu que había espectadores solícitos a pagar por deixarse insultar coa contrapartida de presumir de que acudiran a unha representación de acceso limitado. A semana pasada asistimos ao encirramento causado por Rosa Díez nos galegos. Os políticos que son conscientes de que nunca superaran o limbo do... [Lire la suite]
vendredi 12 mars 2010
SUSO DE TORO: A NOSA HISTORIOGRAFÍA ESTÁ MOI POR DETRÁS DA NOSA LITERATURA"
SUSO DE TORO, en El País: "A nosa historiografía está moi, moito, por detrás da nosa literatura.
A Historia é inevitábelmente un instrumento político. E, como a política, haina de todo tipo. Esa batalla política na historiografía perdeuna o Reino da Galiza, triunfou a iconografía que figura nas estatuas diante do Palacio Real de Madrid: os reis godos. Os suevos seique non existiron e logo un continuo de reis chamados casteláns aínda que fosen de orixe galega e falasen galego. Falta por gañar a batalla de recuperarmos unha... [Lire la suite]
vendredi 12 mars 2010
FINOU O HOME QUE POPULARIZOU O ESPAÑOL LITERARIO
EL PAÍS: Miguel Delibes ha fallecido hoy en Valladolid a los 89 años, según ha informado su familia. El escritor padecía un cáncer del que fue intervenido en los años noventa. Con su obra Delibes consiguió dar nuevo vuelo a la literatura española, postrada tras el rodillo de la Guerra Civil. Era el último gran referente de las letras castellanas del siglo XX. El legado literario de Delibes está surcado por el sentimiento amoroso, la desigualdad social y el contraste entre la vida en el medio rural y en la ciudad. Atento la habla de... [Lire la suite]
jeudi 11 mars 2010
A FIN DE 'EL CAMINO'
Un escritor polo sinto un fondo respecto está a piques de marchar.