jeudi 11 mars 2010
LLÁTZER MOIX DÁ A ÚLTIMA FESTA DA ARQUITECTURA
Paradoxalmente, as hipotecas acabaron coa mellor arquitectura da Historia. Llátzer Moix celebra a derradeira festa española.
mercredi 10 mars 2010
É POSIBLE (QUE LEAN)
Eu creo que é posible que os rapaces lean (libros). Non digo que sexa doado, pero si que é posible se damos convertido a lectura en algo atractivo para eles. Esta tarde vou a Viveiro para informar a un grupo de profesores de ensino medio sobre o xeito no que poden lograr que os estudantes se interesen mais polos libros cun curso que se chama 'É posible (que lean)'.
lundi 8 mars 2010
O ROCHO DOS FREIRES
Síntome inspirado para escribir unha novela titulada 'O rocho dos freires'.
dimanche 7 mars 2010
O DIÑEIRO CIRCULANTE
OS RAPACES adoitan ser imprudentes. Vailles nas hormonas,que non dan acougado ata a trintena. Ás veces algún mozote faime o envío certificado dun texto para que llo xulgue. Eu sempre lles contesto o mesmo que á miña muller cando se estraga algo: o mercado laboral non está para bricolaxes, se hai xente que cobra por amañar unha lavadora, será mellor que lle paguemos para que nos amañe a lavadora. O positivo é que haxa billetes que cambian de mans. A miña confianza no movemento circulatorio do diñeiro asegúrame que, o día menos pensado,... [Lire la suite]
vendredi 5 mars 2010
ESCASSI
Os plans anticrise son tan numerosos que empezan a ser individuais. Semella que os diferentes gobernos que temos sobre as nosas cabezas estudan medidas para a mellora das nosas economías particulares. As televisións botaron a andar as súas propostas laborais. Entre as medidas de creación de postos de traballo con maior número de aspirantes temos 'Gran Hermano', que supera o cento de empregos xerados nas súas once edicións. Uniuselle agora a promoción do emprego feminino con 'I love Escassi', onde unha rea de mulleres compite polo máis... [Lire la suite]
jeudi 4 mars 2010
GOYAS E SUBVENCIÓNS
ANÍBAL MALVAR: ["El Estado aportó el pasado año 85 millones de euros a nuestra industria cinematográfica. Las fundaciones FAES (del PP, la que más recibe) y Pablo Iglesias (del PSOE, la segunda) se calzaron en la misma fecha cerca de ocho quilos para su nada reconocible labor. Es decir, un 10% de lo que se lleva todo nuestro cine, aportando menos ideas y creando muchos menos puestos de trabajo".]
mercredi 3 mars 2010
XERAIS DÁ O BOMBAZO CON FERNÁNDEZ PAZ E NACHO CHAO
[Forest Zhang, director de Administración do IBBY, o máis importante congreso internacional de literatura infantil e xuvenil, informou onte a Edicións Xerais de Galicia da inclusión na Lista de Honra do IBBY 2010 d' O único que queda é o amor de Agustín Fernández Paz, como obra orixinal en galego, e d' A noite d' O Risón de Gonzalo Moure pola calidade da tradución realizada por Ignacio Chao. Ambos os dous títulos foron publicados a finais do ano 2007 na colección xuvenil ilustrada. Agustín Fernández Paz e Ignacio Chao son os únicos... [Lire la suite]
mardi 2 mars 2010
ORGANOLOXÍA QUENTE
[A escritora Eva Moreda levou o V Premio Narrativas Quentes coa obra Organoloxía. O xurado acordou a súa decisión por unanimidade. A novela está ambientada nun conservatorio no que quedan pechadas accidentalmente seis profesoras de música, que aproveitan a noite para falar das súas experiencias eróticas, vencelladas cos instrumentos nos que son expertas. O libro, editado por Positivas, estará á venda a partir de maio] Fonte: Axenda Cultural da AELG.
mardi 2 mars 2010
O CATIVO INDEPENDENTISMO
AS EDITORAS cativa a.k.a. independentes reúnense en Santiago. [As primeiras Xornadas Galegas da Edición Independente, como as bautizaron os seus organizadores, Estaleiro Editora e o colectivo Corsárias, nacen con vocación de continuidade. Pretenden converterse nun autorretrato anual. Desenvolveranse até o venres na biblioteca Ánxel Casal de Santiago en dúas sesións diarias, a primeira ás cinco da tarde e a segunda ás sete.] Información de Xornal.