lundi 1 mars 2010
JFK E MARILYN,PODER E DAMA
HOUBO UN tempo en que James Ellroy estaba radicalmente tolo. A súa pulsión adolescente era nasal: tanto inspiraba botes de cola para aparvarse como se coaba nas casas para uliscar a roupa interior das rapazas. Los Ángeles era naqueles 50 a 60 unha cidade xardín, soamente había que ter conta de esquivar as navalladas entre chicanos e negratas. A nai divorciada do escritor saiu unha noite bailar coa morte. Ellroy decidiu daquela, con dez anos, encoller o corazón para que non medrase e quedar a residir na cidade das sedas e o celuloide,... [Lire la suite]