dimanche 4 avril 2010
"A LITERATURA GALEGA PERDEU A OPORTUNIDADE DOS BLOGS"
"Perdeuse esa oportunidade na rede. Quizais foi por desconfianza ou pola sacralización do papel, pero a realidade é que se perdeu. Sobreviven os blogs que xa levan anos funcionando, máis nada", sentenza o escritor.
dimanche 4 avril 2010
UNHA DIXESTIÓN PESADA
Facendo memoria con Historia é unha compilación de artigos e conferencias na que Lourenzo Fernández Prieto, o meu candidato favorito a reitor da USC, trata fundamentalmente a necesidade de coñecer a barbarie franquista para poder superala. Convidoume a presentarlle o libro en Ribadeo e eu apuntei que a ditadura foi unha enchenta que nos deixou unha dixestión pesada que aínda non demos feito porque a dereita española pretende atragoarnola. Sorprendeume a fotografía da capa. Está tomada na Coruña no 36 e as persoas que aparecen nela non... [Lire la suite]