Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
9 avril 2010

GÚRTEL E AS MATEMÁTICAS

DO ERA NENO ía para xenio matemático. Unha profesora, a monxa sor Cleofé, definiume o concepto de conxunto e deino entendido. Pero ás relacións biunívocas entre conxuntos representaron a proba iniciática. E suspendina. A partir de aí, a miña relación coas matemáticas deteriorouse. Sor Cleofé empezou a petar cos nocellos na miña cabeciña compacta chamando na porta do coñecemento. Desesperaba porque ninguén lle abría. Agora reparo en que a monxa preparábame para percibir a magnitude das relacións entre os conxuntos de tramas que integran Gürtel. Revisando o sumario xudicial, acabei atoado no lameiro de cifras. As letras ben as entendín: A e B, e mesmo comprendín a palabra ‘negro’ —nun senso distinto de ‘negro’ coma que non asina as novelas—. Ando remirando o Lazarillo de Tormes, e poida que sexa a boa perspectiva para comprender, cando menos intuír, a lea. Ás veces, os listos quedan no anonimato; como o autor do Lazarillo ou os señores da Gürtel. A Correa, Bárcenas e Crespo acordoulles o cerebro sen necesidade de que sor Cleofé lles petase na cabeza. O meu xenio para a matemática ficou aparvado na nenez. Podería ter sido un lazarillo que multiplicase A por B ata o infinito. Convén ser estudado ata para delinquir. Son tempos de especialización.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité