vendredi 16 avril 2010

VECIÑOS

A ORDE DO mundo debe de estar regulada por un tahúr. Afirmo isto porque Einstein defendía que Deus non xoga aos dados. Daquela é un tahúr quen distribúe os seres humanos pola Terra; quen os envía a vivir nas cidades, vilas ou aldeas. Esa explicación demostraría que a liberdade persoal é unha lenda urbana. Pouca liberdade temos na escolla da familia, por exemplo. O pai e mais a nai veñen de fábrica. Os irmáns non traen un albarán para devolucións. É inútil que busques a folla de reclamacións no libro de familia. No caso da parella, se... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:56 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,

vendredi 16 avril 2010

ASUNTOS PROPIOS

Distinguidos clientes, prezados balbordeiros: Botei dous días de semana co local pechado e penso que iso precisa unha explicación pola miña banda. Onte estiven dando un obradoiro de conto para rapaces do IES Fernando Esquío de Neda, moi agradecido co resultado, e rematando un curso sobre técnicas de animación á lectura para profesores en Viveiro. Hoxe andei no IES A Sardiñeira da Coruña, dialogando sobre A cova das vacas mortas e no IES David Buján de Cambre (espectaculares o power point e os cómics), conversando sobre Salitre... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:39 - Commentaires [0] - Permalien [#]