mardi 20 avril 2010

VILLARES RECUNCA Á FRONTE DO CCG

O Consello da Cultura Galega reelixiu, por mayoría (houbo un voto en branco), a Ramón Villares como presidente para un segundo mandato (2010-2014). A súa foi a única candidatura presentada. Villares aludiu aos obxectivos de seguir facendo do CCG un laboratorio de ideas, amais das súas funcións asesoras e consultivas, e de continuar traballando a prol dunha maior proxección exterior da cultura galega. (refeito coa nota do CCG)
Posté par Jaureguizar à 23:38 - Commentaires [0] - Permalien [#]

mardi 20 avril 2010

OLIVER SERÁ CAPITÁN EN CANNES

[A primeira longametraxe do galego Oliver Laxe (París, 1982), Todos vós sodes capitáns, estrearase no Festival de Cannes entre o 12 e o 13 de maio. Os programadores da Quinzainne des Réalisateurs, un dos ciclos máis importantes do certame francés logo da sección oficial, confirmaron esta mañá en París que o filme do cineasta coruñés está entre os elixidos. Producido polo propio Oliver Laxe ao longo dos últimos dous anos en Marrocos cun pequeno orzamento, Todos vós sodes capitáns rodouse a partir dun obradoiro de pedagoxía experimental... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:35 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 20 avril 2010

UN POETA E UN PORNOETA

COÑECÍN UN editor de poesía sensato, Joan Gonper. Vén de tirar o novo de Saturnino Valladares, un tipo ben afable e ben considerado pola crítica, pero non podo lerlle Secretos del Fénix porque o médico, o doutor Brañas, sacoume o verso libre porque me deita a tensión polo chan. Gonper dirixe un selo no que publica poemarios e tamén frivolidades. O seu maior éxito foi un biopic sobre dona Leonor, que meteu por milleiros nas furgonetas de distribución aos poucos días de nacer a súa alteza. Non vou agochar a fascinación por estas... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:52 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,