Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
23 avril 2010

CELLAS RECURTADAS

DESCONFÍO dos homes que recurtan as cellas. Refírome a eses que collen unhas tesoiras e dan unha tallada a canto peliño lles sobresae por riba dos ollos. Vostedes tamén deberían desconfiar, máis ca deses que depilan o peito. As cellas teñen a súa función no corpo: deixarse empapuzar polo suor que nos escorrega pola fronte abaixo. Os rapaces que afeitan o corpo non deixan de buscar o brillo na pel, pero os señores que recurtan as cellas tratan de afastarse do noso pasado máis remoto, deses machotes que fomos no tempo das cavernas. Eses homes que rozan as cellas non teñen problemas co suor porque, cando fan footing arredor das sedes gubernamentais, poñen cintas na cabeza. A culpa é súa: pensan que curtar peliños e usar un luminoso iPhone desterra todo canto residuo de natureza hai neles. Presumen tal lonxanía a respecto do salvaxe e do primitivo que non reparan en que abondan unha nube negra de orixe volcánica para deter o tempo en Europa e un grupo de rapaciñas con velo para abanear os valores laicos que terman moralmente do continente. O volcán empezou ao norte, en Islandia; os velos, en Francia e agora en Pozuelo. Europa está aberta en canle de norte a sur, pero os seus mandatarios seguen mirándose no espello para recurtar as cellas.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité