vendredi 23 avril 2010

CELLAS RECURTADAS

DESCONFÍO dos homes que recurtan as cellas. Refírome a eses que collen unhas tesoiras e dan unha tallada a canto peliño lles sobresae por riba dos ollos. Vostedes tamén deberían desconfiar, máis ca deses que depilan o peito. As cellas teñen a súa función no corpo: deixarse empapuzar polo suor que nos escorrega pola fronte abaixo. Os rapaces que afeitan o corpo non deixan de buscar o brillo na pel, pero os señores que recurtan as cellas tratan de afastarse do noso pasado máis remoto, deses machotes que fomos no tempo das cavernas. Eses... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:02 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :

vendredi 23 avril 2010

CALVEIRO: "VENECIA É UNHA FRAGA HÚMIDA E VIZOSA"

[Settecento está construída como unha obra musical. De feito, nas súas páxinas desfilan personaxes reais, caso de Antonio Vivaldi, e a música ten un gran protagonismo. Calveiro constrúe non só unha historia senón unha grande atmosfera cultural entre as cidades de Veneza e Compostela, nun século clave, entre o barroco e as esperanzas do que había ser chamado Século das Luces. Xerais cédenos por cortesía o primeiro capítulo da novela, en formato pdf. O libro xa está nas librarías, na colección de 'Narrativa'.] A Nosa Terra
Posté par Jaureguizar à 21:40 - Commentaires [4] - Permalien [#]
vendredi 23 avril 2010

POIS ISO, QUE AMENÁBAR NON COMPROU 'FIN'

Estaba dito e requetedito, pero David Monteagudo confirmou que Amenábar non lle comprou os dereitos de Fin.
Posté par Jaureguizar à 00:54 - Commentaires [0] - Permalien [#]
vendredi 23 avril 2010

O XORNALISMO CULTURAL NON EXISTE

Hai dous días participei, xunto con Iago Martínez e Camilo Franco nun debate sobre xornalismo cultural. Iago dicía, con razón, que o xornalismo cultural é un dos poucos nos que aínda traballas como periodista porque podes buscar as informacións, buscar as fontes e redactar. Camilo e mais eu apuxémoslle todos os condicionantes (económicos, publicitarios e personais) que crean atrancos nesa xeira. A maiores, eu comentei que xornalismo, que procura o masivo, e cultura, que é unha materia para as elites, son termos contraditorios. O... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:42 - Commentaires [3] - Permalien [#]