Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
27 avril 2010

SUSO DE TORO VOLVE (AO INSTITUTO)

FERRÁN ADRIÀ ten esa cualidade dos grandes xenios para desdobrarse. Pessoa xa o facía nos seus heterónimos, neses personaxes aos que poñía a escribir con diversos nomes. Agora que andan estudando ao poeta luso nas xornadas literarias de Neda, podían continuar analizando a heteronimia en Adrià. Obra de ficción non lle falta porque vén de publicar Cómo funciona El Bulli: los métodos, las ideas y la creatividad de Ferrán Adrià. O volume, editado por Phaidon, non desmerece das obras de Tolkien nin de J.K. Rowling porque é unha recreación fantástica de 528 páxinas. O subtítulo do libro é iluminador: Dos millones de peticiones para 8.000 servicios al año. O negocio parece seguro: calculando unha media de gasto por comensal e co comedor cheo todos os días, mesmo o rexente dun chiringuito de praia lograría beneficios. Pero Adrià, non. Confesa que perde medio millón de euros anualmente. Hai que ser un xenio de dimensións enciclopédicas para perder esa chea de cartos cun negocio que require as catro regras como El Bulli. De calquera xeito, Adrià desdobra a personalidade e dá leccións sobre xestión dun restaurante nun plano mentres padece a desfeita financeira noutro. En Galicia tamén gozamos de realidades paralelas: a noticia da saída da novela Sete palabras de Suso de Toro acabou sendo unha cuestión case que íntima; a cuestión íntima de que deixa de ser escritor profesional para regresar como docente ás aulas dun instituto acadou o rango de noticia en prime time. Se cadra o compostelán acaba publicando Como funciona a escrita profesional. Os métodos, as ideas e a creatividade de Suso de Toro. Como dicía Erza Pound, «a noticia non é o poema, senón o que acontece co poeta».

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité