Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
30 avril 2010

AS SENTENZAS DE AGAPITO

TODAS AS mañás collo un folio en branco para ler o periódico. Trázolle unha liña negra vertical no centro. Da banda esquerda apunto as noticias inaceptables e da banda dereita, as aceptables. Na lista de noticias inaceptables de onte escribín as protestas reiteradas dos tribunais Constitucional e Supremo porque se lles afeen a torpeza e a lentitude. Os maxistrados están afeitos a traballar nunha cabina de cristal inmune aos comentarios coa excusa montesquiana do respecto ás decisións xudiciais,pero a percepción mudou e o periodismo deixou de ser o único oficio no que calquera se atreve a indicarche como debes traballar. Na lista de noticias inaceptables figuraba tamén o espírito gore de José Tomás, animado polo pai narrando que camiñara sobre o sangue do fillo coma se andara sobre o lago Tiberíades. O toureiro pode enriquecerse como lle pete, pero éralle mellor ofrecer o espectáculo de cruzar a Autopista do Atlántico. Ao cabo, un condutor é máis sensato ca un touro. Nas noticias aceptables anotei a de Agapito, que botou 79 anos de refuxiado sentimental no Hospital de Pontevedra. Dubidei onde apuntalo. Seica Agapito anunciaba a morte doutros pacientes baixando o polgar. As súas sentenzas eran rápidas e eficaces, non como as do Consitucional e o Supremo.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité