vendredi 30 avril 2010

HENRIQUE MONTEAGUDO ENTRA NAS TABERNAS

A Real Academia Galega,  con sede na rúa coruñesa das Tabernas, nomeou académico electo a Henrique Monteagudo, para ocupar a vacante que se produciu tras o falecemento do académico numerario Antonio Gil Merino.
Posté par Jaureguizar à 22:23 - Commentaires [0] - Permalien [#]

vendredi 30 avril 2010

AS SENTENZAS DE AGAPITO

TODAS AS mañás collo un folio en branco para ler o periódico. Trázolle unha liña negra vertical no centro. Da banda esquerda apunto as noticias inaceptables e da banda dereita, as aceptables. Na lista de noticias inaceptables de onte escribín as protestas reiteradas dos tribunais Constitucional e Supremo porque se lles afeen a torpeza e a lentitude. Os maxistrados están afeitos a traballar nunha cabina de cristal inmune aos comentarios coa excusa montesquiana do respecto ás decisións xudiciais,pero a percepción mudou e o periodismo... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 22:17 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
vendredi 30 avril 2010

CALVEIRO: "O QUE ME INTERESA É O FUTURO"

MARCOS CALVEIRO entrevistado por Montse Dopico: ["O que me interesa é a contradición. Por un lado ese control, as delacións, a Inquisición, e por outra banda unha cidade en plena efervescencia cultural, e nese sentido cunha sociedade máis libre... A novela ía titularse A gramática das máscaras. En realidade trata da condición humana. Cada quen leva unha máscara que lle impide ser quen quere ser: a envexa, a paixón, o amor, o odio, a vinganza, o sentimento de culpabilidade, a redención... Están no Entroido e levan máscaras, pero... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 22:10 - Commentaires [0] - Permalien [#]
vendredi 30 avril 2010

SUSO DE TORO: "A MIÑA FIGURA DE ESCRITOR NON TEN LUGAR"

SUSO DE TORO: [Resumindo, a miña figura de escritor, o autor que vai tecendo unha obra, xa non ten lugar. Neste tempo sen memoria, perpetuo presente, só cabe a novidade e todo é espectáculo. Desde os límites da literatura galega podemos pensar que iso non acontecerá pois é unha literatura de autor: un erro. É un cambio profundo na nosa civilización e -cómo non había ser así- aféctanos igualmente.]
Posté par Jaureguizar à 22:02 - Commentaires [1] - Permalien [#]