dimanche 2 mai 2010
OS CANDADOS DA LECTURA
OSCAR WILDE afirmaba que «os únicos problemas son os que ten un». Suso de Toro quixo convertir o seu problema laboral nun problema da cultura galega. Razón non lle falta cando denuncia que é primavera no best seller: nas crises, os lectores apostan os seus vinte euriños ao certo; ou sexa, a Dan Brown ou Stieg Larsson. Os cartos cóntanse agora cos dedos e as dedas, e procúrase atar o desembolso cun candado que garanta entretemento. A diferenza entre autores literarios e populares é unha manobra de distracción dos primeiros porque desta... [Lire la suite]