mercredi 5 mai 2010
DISCO LAS PALMERAS GAÑA ACTUAR NO PRIMAVERA SOUND
O trío Disco Las Palmeras foi un dos tres grupos que se gañaron o dereito a actuar o día 28 no Primavera Sound de Barcelona a través do concurso Festival Sin Códigos, que promove MySpace. Neste certame, organizado polo portal de música para grupos que distribúen a súa música na rede, concorreron con outro milleiros de bandas. Disco Las Palmeras, que se definen como «o primeiro trío galego de rock sen baixo», lograron o premio do público.
mercredi 5 mai 2010
CARLOS REIGOSA PON A SANTA COMPAÑA A INVESTIGAR UNHA VIOLACIÓN
Carlos Reigosa dálle unha nova dimensión á Santa Compaña. A maiores de conducir almas defuntas pola parroquia na que finaron adiante, puxo os seus membros que vagan en pena a investigar unha violación acontecida súa nova entrega literaria, ‘A lei das animas’ (Galaxia). O argumento do escritor pastoricense é que «investigan un delicto cometido contra un morto; hai unha violación durante a que a vítima morre, pero a violación segue, polo que incumbe á Santa Compaña».
mercredi 5 mai 2010
SOCORRO LIRA E QUIQUE BORDELL REVISAN AS CANTIGAS
O proxecto Ponte Nas Ondas leva quince anos promovendo actividades culturais a ambos lados da raia galegoportuguesa. O novo paso nese achegamento é o libro-disco ‘Cores do Atlántico’, que colle como referente as cantigas de amigo da tradición medieval conxunta para anovalas tras pasalas pola música da cantautora brasileira Socorro Lira, polas ilustracións do artista lucense Quique Bordell e mais polas novidosas achegas teóricas da profesora da Universidade de Poitiers e especialista en literaturas de transmisión oral Ria Lemaire.