O PRIMEIRO exemplar de Playboy non tiña numeración porque os promotores desconfiaban de que houbese un segundo. Era 1953 e nos EE.UU. aínda estaba vixente a lexilación antiobscenidade de 1712 que prohibía enviar imaxes eróticas por correo. O editor, Hugh Hefner, mercou unha foto de Marilyn espida e e chantouna na portada desafiando a maquinaria postal. Esa mesma maquinaria distribuíra milleiros de imaxes pornográficas para erguer a moral dos combatentes nas dúas guerras mundiais. Outros conflitos, Vietman e Corea, levaron ao Pentágono dos anos 50 a reprobar o sexo sen finalidade reprodutora para que os pais lle entregasen a prezo de ofertón rapaces que servisen de pimpampum aos ‘charlies’ orientais. A outra tarde asistín fascinado a ‘El Diario’, un programa televisivo cunha cama ampla e vermella no decorado. Entre as parellas que permiten que se retransmita a súa actividade sexual, apareceu unha integrada por unha rapaza de saia curta e perna longa, e un corentón. El acudira porque un primo seu «temía» que fose «virxe ou gay», opcións que debía de considerar doenzas de lazareto. Ao deitarse ao vivo coa mozota, ceibou feromonas macho que ergueron o share. Pacificados Vietnam e Corea, ás guerras fanse a distancia, cun mando.