lundi 10 mai 2010
QUEN ESCRIBE PARA SI PROPIO?
NUNCA ENTENDÍN a precaución que hai entre os axentes culturais deste país fronte ao espectáculo e o márketing na literatura. Deben de pretender que sexamos como Tskypin, o autor de ‘Verán en Baden Baden’. O escritor ruso estaba obsesionado con Dovstoiestki e quero pensar que coa eternidade porque o seu fillo asegura que, logo de chegar á casa dende o psiquiátrico no que exercía, continuaba exercendo a súa profesión na casa escribindo e reescribindo as súas novelas. Tras o seu pasamento, a súa obra, continuamente tecida e destecida na... [Lire la suite]
lundi 10 mai 2010
PORNOGRAFÍA
O PRIMEIRO exemplar de Playboy non tiña numeración porque os promotores desconfiaban de que houbese un segundo. Era 1953 e nos EE.UU. aínda estaba vixente a lexilación antiobscenidade de 1712 que prohibía enviar imaxes eróticas por correo. O editor, Hugh Hefner, mercou unha foto de Marilyn espida e e chantouna na portada desafiando a maquinaria postal. Esa mesma maquinaria distribuíra milleiros de imaxes pornográficas para erguer a moral dos combatentes nas dúas guerras mundiais. Outros conflitos, Vietman e Corea, levaron ao Pentágono... [Lire la suite]