jeudi 13 mai 2010
ESTRELAS EN FORCAREI, ANIMACIÓN EN CARBALLO
Ando preparando o programa de mañá, venres, que empezarei pola mañá no IES de Forcarei falando sobre O contador de estrelas e rematarei de tarde participando na Semana do Libro e da Lectura de Carballo, amosando a un grupo de docentes técnicas de animación para que aos rapaces lles saiba máis a lectura.
jeudi 13 mai 2010
SERRA SENSUAL
O verán pasado vivín unha experiencia que me encheu os sentidos, pasear entre os corredores ondulados de ferro de Serra no Guggenheim de Bilbao. Resulta moi sensual camiñar entre pranchas altísimas e curvadas que semellan abalarte tanto para os ollos como para os oídos. Agora, o escultor tivo premio.
jeudi 13 mai 2010
ROALD DAHL REINA PARA THE GUARDIAN
Tino Santiago, en Facebook: [The Gardian publicou unha lista dos mellores libros de Literatura infantil e xuvenil. A selección é moi anglosaxona, naturalmente, pero están algúns dos, para min, mellores libros do século pasado. Por certo algúns moi ben traducidos. Entre outros aparecen:
A materia escura de Philip Pullman. Faktoria K de libros (K-2).
O Curioso Incidente do can a Media Noite Mark Haddon . Rinoceronte Editora
Mark Twain: As aventuras de Tom Sawyer. Xerais
Onde viven os monstros. Maurice Sendak. Kalandraka
... [Lire la suite]