mardi 18 mai 2010

O POETA QUE VESTÍA PELICA DE LOBISHOME

A ÚNICA COUSA material que cobizou Uxío Novoneyra en toda a súa vida foi unha zamarra. Nos seus 69 anos de existencia entre a nacencia en Parada do Courel e o pasamento en Compostela soamente desexou abrigarse cunha cazadora de pel e de coiro. A prenda viña de Norteamérica e era vella, pero o poeta teimaba en abrigarse con ela completando unha estampa feroz de home grandeiro. A traba da zamarra era que pertencía a outro e ese outro, nunha volta de torca, era amigo seu. Uxío andivo rifando e regateando con Herminio Barreiro pola... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 09:40 - Commentaires [2] - Permalien [#]