jeudi 20 mai 2010

MARÍA NAVARRO: "A MESTURA DE FICCIÓN CON HISTORIA (EN TINTIMÁN) SEMELLA UNHA BOA FÓRMULA"

[DA MESMA FORMA que neste volume é Santiago de Compostela a cidade marco que alberga as pescudas do protagonista, outras urbes galegas como A Coruña, Lugo, Ferrol, Pontevedra ou Vigo serán visitadas por Tintimán para desvelar os misterios que se agochan nas súas construcións, nas súas rúas centenarias ou mesmo nos recunchos máis insospeitados. E é que a mestura de ficción e fantasía coa historia semella ser unha boa fórmula para atraer e encantar o lector de hoxe en día que busca entre liñas coñecer os recantos caprichosos do destino,... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 21:10 - Commentaires [0] - Permalien [#]

jeudi 20 mai 2010

AS ENGURRAS AFEAN OS BILLETES

DIANA VREELAND, a peculiar editora de Vogue, presumía de que os seus zapatos Chistian Louboutin nunca pisaran unha beirarrúa. Desprazábase entre a súa mansión e a redacción nunha limusina. George Plimpton conta en Truman Capote. Amigos, inimigos, coñecidos e detractores lembran a súa turbulenta carreira, que Vreeland queixábase de que a chamaban excéntrica porque todas as mañás mandaba á criada que lle pasase o ferro polos billetes. Non aturaba as enrugas. Confesoullo a Capote nunha noite de troula desas que reunían a ricos e famosos... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:08 - Commentaires [2] - Permalien [#]