Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
21 mai 2010

"ESPAÑA ATÓPASE ÁS PORTAS DA INVOLUCIÓN"

Artigo conxunto de sesenta columnistas cataláns: [Mentres que outras democracias do mundo desenvolvido se esforzan en resolver a súa convivencia multinacional a través do recoñecemento constitucional do seu pluralismo nacional interno e de varios modelos federais de autogoberno e de goberno compartido, España corre o serio perigo de querer pechar xudicialmente un contencioso que só se pode abordar, xestionar e resolver en termos políticos e con vocación de futuro. Coa anunciada sentenza dun Tribunal Constitucional caduco, dividido, deslexitimado e internacionalmente desprestixiado, é evidente que España se atopa ás portas dun episodio de estrita involución política e autonómica, co perigo que supón a negación das aspiracións de recoñecemento e de autogoberno nacional dos cataláns.]

Publicité
Publicité
Commentaires
D
Coido que o artigo se refire a Cataluña, pero se cadra leva razón o Takeshi e non hai tanta diferencia. Para Galicia/Galiza, a independencia ou estado federal viría sendo una sorte de eutanasia.
Répondre
T
Nun mundo coma o que nos tocou, hoxe, ano 2010, cada día teñen menos sentido os nacionalismos, centralista incluído. Outra cousa é que en Galicia os únicos que saquen a cara polo idioma galego sexan nacionalistas, o cal di moito do que son os máis dos galegos. Pero, antes de pretender levar a cousa máis aló, convén pensar en casos coma o belga: en teoría, nunca deixou de ser unha nación "plurinacional", ou federal, que é como se lle chama a pretender gobernar o que hoxe é unha autonomía coma se fora un país, pero sen prescindir do cheque do goberno central.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 574
Publicité