Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
27 mai 2010

A LIÑA DA FELICIDADE

O PINTOR JOAN Miró dixo que «unha simple liña pode levar á felicidade». A felicidade para min é saír á rúa en bata e pixama de seda para mercar o xornal, peituga de pavo e mazás ao xeito de Truman Capote en Palamós. A felicidade era para o bebé de Briatore que un iate o arrolase coma un berce mentres a nai, Elisabetta, lle cantaruxaba a ‘Nana de la cebolla’ de Miguel Hernández —«no sepas lo que pasa ni lo que ocurre»—. Pero a felicidade é a cousa máis fráxil do mundo e veu a Facenda italiana confiscar o barco de Briatore. Elisabetta denunciou que o cativo é quen peor leva o embargo. A súa infancia non serán recordos dun patio de Sevilla, como a de Machado; nin será a lembranza unha habitación con recendo a salitre adornada con simpáticos delfíns. Einstein explicaba a relatividade apuntando que «sentando onda unha rapaza dúas horas, semella que pasaran dous minutos. Sentando nunha estufa quente dous minutos, semellan dúas horas». Esa frase axudoume a identificarme con Mar Segura, de ‘Mujeres Ricas’, á que o seu home, empresario, propuxo elixir entre comprarlle un Miró de medio millón de euros ou botar varios empregados. Elixiu o Miró, por suposto; pero o seu home carece de sensibilidade para atopar a felicidade nunha liña e rexeitou o cadro.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 574
Publicité