Vicente Blanco Mosquera gañou o premio de Artes Plásticas da fundación María José Jove cun collage "inspirado na paisaxe e arquitectura da provincia de Lugo". A peza 'Contrato para paisaxe', feita con tinta e papel recortado sobre cartón, impúxose a outras 355 chegadas de todo o mundo. O artista, natural de Santiago e profesor da escola de Maxisterio de Lugo, gañou este galardón para artistas novos que conta cunha dotación económica de 12.000 euros.