Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
30 mai 2010

PEDRO ARIAS E O SEXO ESCURO

AS INTERVENCIÓNS do deputado Pedro Arias fan que ás veces a sede do Parlamento galego semelle o Cirque du Soleil. O mesmo aparece polo pazo do Hórreo en chándal e zapatos -«arreglá, pero informal», cantaba Martirio- que se refire ás mulleres coma «o sexo escuro». El xa informou, diante da indignación xeral, que estaba citando a Freud. Padeceu un lapsus linguae, porque o psicoanalista cualificou a condición feminina como «o continente escuro». Os expertos deducen que o doutor vienés sinalaba que a muller está condenada a habitar nun ámbito privado no que domina un home, trasunto dese pai que ela non deu conquistado. Arias valeuse da cita para aplicar esa idea estendida de que Sigmund Freud, mineiro da alma humana, nunca entendeu ás mulleres. Poida que a súa biografía o condicionase, porque o pai, ben maior cando el naceu, alcumábao Neno Dourado e sobreprotexíao. Ao contrario co seu amigo Arthur Schnitzler, Freud idealizara o amor: aparvou con 25 anos cunha amiga da irmá, Martha Bernays. En catro anos de noivado prematrimonial conversou seis veces con ela aínda que lle remitiu 900 cartas encendidas. Schnitzler era menos soñador, segundo confesa na autobiografía Mocidade en Viena. O pai do futuro escritor, tras observarlle a inclinación cara ao «sexo escuro» cando tiña 16 anos, mandoulle ler páxinas e páxinas de manuais médicos que describían as penurias da sífile. Arias é home de fondo pouso lector, pero tamén sabe ser livián. Cando comparou o Goberno de Madrid cun médico «rodeado de enfermeiras cachondas» citaba a Enrique Bariego, o guionista das películas de Andrés Pajares e Fernando Esteso.

Publicité
Publicité
Commentaires
U
Especially because they are so simple and beautiful yet have a cool edge. And I love the idea of adding a studded accessory to a feminine outfit- I think I will try that soon!<br /> ugg boots shop<br /> ugg boots cheap
Répondre
J
Pois mire que mal lle foi ao PCG sen eses dous marcadores de pensamento ;-)
Répondre
A
Non me extraña que Esteso, Pajares, e o tal Bariego, estexan detrás do pensamento "jondo" de Arias sobre o noso sexo escuro. Nos filmes de Pajares e Esteso, o sexo era mais explícito(eufemismo)do que escuro. E Pensar que , na altura, naqueles anos, Arias e Cancio eran do PCG...!
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité