30 mai 2010
SETE PALABRAS ABONDAN A SUSO DE TORO PARA QUE A CRÍTICA LLE PREMIE POR UNANIMIDADE
Suso de Toro, obtivo o recoñecemento dos Premios da Crítica de Galicia na modalidade de Creación Literaria polo seu libro Sete Palabras. O xurado valorou que “é unha obra na que se recolle a súa evolución como escritor, respondendo ás esencias galegas sen renunciar á universalidade”. Tamén o “tratamento de temas fundamentais, como a memoria, o auto-coñecemento e a referencia ao pasado como fórmula para entender o presente e proxectar o futuro”.
Publicité
Publicité
Commentaires