Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
2 juin 2010

O DISCURSO CULTURAL DE FEIJOO

Empezo a temer que Feijoo dispón dun único discurso cultural. Cada intervención oficial súa nun acto intelectual é una reiteración sobre o igualitarismo das linguas que se falan decotío no noso país. Eu discrepo da súa visión, mais o problema non é exactamente ese, senón que non escoito outro argumento do seu ideario cultural. Mesmo discrepo de que o ámbito no que interveu hoxe, con escritores españois e portugueses, fose o máis axeitado. Quero pensar que el abeira unha visión máis ampla do que debe ser a cultura nacional, pero teima en deixala tras a permanente xustificación da súa política lingüística, unha insistencia que denota febleza.

Publicité
Publicité
Commentaires
A
A min o discurso a propósito de Lamazares sorprendeume moito. A referencia telúrica a san Francisco deixoume pampo.
Répondre
J
Sinceramente, estou perdido, pero trato de achegar indicios. No famoso discurso de Seoane do Courel no que vira e tende a man para considerar o galego como lingua de referencia, citou a Cunqueiro e Piñeiro, pero NON a Novoneyra, homenaxeado ese día!!!
Répondre
A
Estou insistente. Síntoo.
Répondre
A
Non o sei. Crin que podían sospeitar. Pero a matraca coa pelegrinaxe, a tradición relixiosa, a metáfora dos ríos, vense repetindo moito nos últimos tempos. E cun ton melancólico e saudoso. Impropio de arengas ou discursos heroicos, salvo esa apelación á terra de corte populista barateiro ou as citas insubstanciais de Castelao (que ben as pode dicir Xan Pericán). Non sei. Se cadra nesta mesma noticia poda estar a clave. <br /> Nesta outra tamén podemos atopar claves:<br /> http://www.xunta.es/actualidade?p_p_id=ipecos_opencms_portlet_INSTANCE_c0aE&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_col_id=column-2&p_p_col_count=1&_ipecos_opencms_portlet_INSTANCE_c0aE_content=%2Fopencms%2FPortal-Web%2FContidos%2FNovas%2Fnova_estandar4537.html

Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité