mercredi 2 juin 2010
ISRAEL, A DEMOCRACIA OPACA
Israel continúa imitando o modelo norteamericano de democracia de caixa opaca. Pretende o equilibrio entre un complexo sistema regularizado de eleccións e garantías para os seus cidadáns (neste caso entre os de bussines class; os palestinos interfronteiras van na bodega de carga) e a lei do talión para os bárbaros alén o limes.
mercredi 2 juin 2010
MANKELL: "UN DESPRECIABLE APARTHEID"
Público: [HENNING MANKELL ya había avisado sobre lo que pensaba de la situación en Gaza: "Estamos experimentando un despreciable sistema de apartheid que fue utilizado para convertir a la gente del lugar en personas de segunda clase. No podemos olvidar que este sistema fue derrocado hace tiempo por la fuerza humana, a principios de la década de los noventa. Hay una línea recta que conecta Soweto, Sharpville y los últimos acontecimientos en Gaza".]
mercredi 2 juin 2010
O DISCURSO CULTURAL DE FEIJOO
Empezo a temer que Feijoo dispón dun único discurso cultural. Cada intervención oficial súa nun acto intelectual é una reiteración sobre o igualitarismo das linguas que se falan decotío no noso país. Eu discrepo da súa visión, mais o problema non é exactamente ese, senón que non escoito outro argumento do seu ideario cultural. Mesmo discrepo de que o ámbito no que interveu hoxe, con escritores españois e portugueses, fose o máis axeitado. Quero pensar que el abeira unha visión máis ampla do que debe ser a cultura nacional, pero teima... [Lire la suite]