vendredi 4 juin 2010
SUSO DE TORO APAGA OUTRA LÁMPADA
Suso de Toro continua apagando as lámpadas que fora prendendo en diferentes habitacións ao longo de tres décadas. Hoxe deixou cega outra estancia.
El explícao dun xeito que eu resumo: [Comprobei que as reaccións respondían a demandas distintas: había quen me recriminaba o que xa non podería ler futuros libros meus, e esa foi a recriminación máis incómoda pois sinto que é xusta, faime sentir en débeda. Tamén houbo quen, non sendo lector dos meus libros, consideraba que o apartarme a un lado eu era unha perda para a vida cultural ou... [Lire la suite]
vendredi 4 juin 2010
A POLE XERAIS/MERLÍN
O xurado do Premio Xerais acordou declarar finalistas as obras presentadas baixo os lemas Fría e negra, Hovercraft e O avesso do avesso.Pola súa banda, o xurado do Premio Merlín de literatura infantil sinalou como finalistas as obras presentadas baixo os lemas Canis lupus, Celerífera, Cincocentros trinta e tres e Sete pétalos.
vendredi 4 juin 2010
CELA. ATADO E BEN ATADO?
A Fundación Cela utiliza unha redacción a medias entre Franco e a 'Marchou co vento' para contarnos que, vencidos e arruinados, entregan á Xunta os seus fondos respectando a vontade do escritor. Sorprende a insinuación de que, se chega expresar o contrario, estarían en situación económica e moral de rexeitar contradicilo.
Nota da Fundación: [LA VOLUNTAD DE CELA Camilo José Cela quiso siempre dejarlo todo atado y bien atado. Así, cuando redactó su testamento, expresó su voluntad de ser enterrado en el cementerio de Adina, que cantó... [Lire la suite]
vendredi 4 juin 2010
XELADOS E CHICLES
CHEGUEI hai uns anos a Xerusalén lembrando a autobiografía de Amos Oz, Unha historia de amor e negror. O escritor confesaba «o xeito secreto, case máxico» no que el e os amigos fantasiaban coas futuras cidades do Israel libre. As urbes do país avanzaron polo rego da normalidade, borrando os soños conspiradores. Vin os rapaces paseando entre as pizzerías e as hamburgueserías da rúa comercial Jaffa. Como ía calor, mercaban xelados. Mesmo coñecín un condutor palestino que gustaba dos chicles Cheiw. No hotel, un camareiro árabe teimaba,... [Lire la suite]