Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
6 juin 2010

A VIÚVA, A AMANTE E MAIS A COCIÑEIRA

ALEMAÑA enfadou co seu escritor Martin Walser. Encaráronselle por andar contando a ferocidade coa que Goethe namorou aos 73 anos de Ulrike, de 19. Os xermanos relatan a vida de Goethe coa delicadeza cínica coa que se calan nos nosos colexios as dúas estadías de Cervantes no cárcere por -serei elegante por unha vez- a súa opacidade fiscal. Walser baseouse no lume que prendeu en Goethe no balneario checo de Marienbad, onde topou coa rapaza. Os amores serodios deben de estar agardando polos vellos escritores alemáns de vacacións porque Thomas Mann volveuse xordo ao seu cerebro polo camareiro dun hotel suízo. O vellote, de 75 anos, non logrou máis que agarimar a man do mociño de 19 polo que reconduciu a súa paixón cara á A morte en Venecia. Mann confésao nos diarios, a diferenza de Norman Mailler, quen fachendeaba de que «eu non escribo sobre mulleres, elas quen escriben sobre min». Non se enganou: a viúva, unha das amantes e a cociñeira veñen de publicar cadansúas memorias. A cociñeira comeza o libro aseverando que, en trinta anos, o novelista non lle botou man ao cú. A seguir, redacta medio cento de receitas que cociñaba na casa de Provincetown. Noutra obra, a amante desvela que lle aprendeu «a pensar» alén de varias posturas. O libro da viúva, Norris Church -Unha entrada para o circo-, lembra que ela casou aos 25 anos, sendo Mailler de 52. Tardou outros 11 en descubrirlle que a voracidade sexual era pluripersoal. A señora de Mailler conviviu coa súa dor e co autor durante 32 anos. Acougaba pensando que el se deitaba «con mulleres vellas, gordas e feas», porque así convencíase de que non lle era infiel.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité