EVA MOREDA gañou o Premio Terra de Melide con A Veiga é coma un tempo distinto, unha visión renovada dun tema tan cansino como o da emigración. No canto de falarnos de Arxentina ou Cuba, Moreda constrúe a súa novela a partir da emigración dos 60-70 en Londres e faino con ritmo, frescura e cun sentido narrativo que entusiasma ao ler. Escribo con esta emoción porque fun membro do xurado, of course.  Unha curiosidade é que A Veiga do título é o xeito na contorna da Ría de Ribadeo chamamos a Vegadeo (a.k.a. Vega de Ribadeo ata 1912).