mardi 8 juin 2010

GALEGOLAB SAE DO ARMARIO

Miguel Prado, en Xornal: [“O que hai que facer, é facer”. Con este lema arranca desde mañá GalegoLab, un novo colectivo para “sumar esforzos e vontades en defensa do idioma galego” que pretende ir máis aló das últimas plataformas creadas a prol do idioma para “complementalas”. Esta nova iniciativa, que se presenta mañá en Compostela, destácase por novidosa ao fuxir de reflexións, debates, manifestos ou chamamentos e centrarse na “acción” pura e dura a favor do idioma. Impulsada por artistas, escritores ou xornalistas, GalegoLab... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 19:10 - Commentaires [0] - Permalien [#]

mardi 8 juin 2010

COIRA ESTREA '18 COMIDAS' EN SICILIA

O realizador lucense Jorge Coira estreará a súa película ‘18 comidas’ no Festival de Taormina, en Sicilia, o vindeiro sábado. O actor Robert de Niro acudirá tamén ao certame, no que se fará a estrea mundial de ‘Toy story 3’, segundo anunciou onte a directora do certame, Deborah Young, durante a presentación en Roma. Coira estará acompañado polo tamén lucense Luis Tosar, que ten un papel neste filme coral.
Posté par Jaureguizar à 16:50 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 8 juin 2010

PREMIO RAÍÑA LUPA: O CALVO STRIKES AGAIN!!!

Blog Alfaias, de MARCOS CALVEIRO: [A novela Centauros do Norte vén de gañar a VIII edición do premio Raíña Lupa conovocado pola Deputación de A Coruña. Transcorre  nos días da revolución mexicana e é a miña particular homenaxe ao cine e a todas as horas da miña infancia que pasei diante dun TV en branco e negro vendo un wesntern tras outro].
Posté par Jaureguizar à 12:31 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 8 juin 2010

OUTRO PUNTO DE VISTA DA EMIGRACIÓN GAÑA O PREMIO TERRA DE MELIDE

EVA MOREDA gañou o Premio Terra de Melide con A Veiga é coma un tempo distinto, unha visión renovada dun tema tan cansino como o da emigración. No canto de falarnos de Arxentina ou Cuba, Moreda constrúe a súa novela a partir da emigración dos 60-70 en Londres e faino con ritmo, frescura e cun sentido narrativo que entusiasma ao ler. Escribo con esta emoción porque fun membro do xurado, of course.  Unha curiosidade é que A Veiga do título é o xeito na contorna da Ría de Ribadeo chamamos a Vegadeo (a.k.a. Vega de Ribadeo ata 1912).
Posté par Jaureguizar à 12:15 - Commentaires [9] - Permalien [#]