vendredi 11 juin 2010
UNHA PONTE CARA Á COVA
Esta mañá pechei o meu ano escola coa derradeira charla. Falei con rapaces que cursan 4º de ESO no IES Vilalonga de Sanxenxo sobre a miña novela A cova das vacas mortas, un dos meus textos máis apreciados polos rapaces. Foron respectuosos e atentos, aínda que os notei cansos de coñecementos curriculares; pensando nas vacacións e no mundial. A parte boa foi coñecer a Pilar Ponte, que realizou un traballo valiosísimo sobre este libro.
vendredi 11 juin 2010
TRIVIAL
O ACTOR Pepe Sancho encendeuse contra min nunha entrevista telefónica. Pregunteille polo seu papel na serie Cuéntame e berroume que había meses que a deixara. Baixei as orellas (a pegada ao supletorio tamén) e confesei que non miraba a televisión. El retrucou, con toda a razón: «¡Yo tampoco leo su periódico y le estoy contestando!». A conversación proseguiu co máis selecto da refinada chulería do ex de María Jiménez. Daquela eu estaba certo de poder despreocuparme de coñecer os afectos televisivos da cidadanía. As canles de tdt, cable... [Lire la suite]