Leo Coyote regresa aos barrios populares de Barcelona en 'Otro día en el Paraíso', unha nova ficción protagonizada por Pulpo García, un escritor de novelas de quiosco "que ten unha vida relativamente vulgar e tranquila, e que soamente aspira a escribir as súas novelas 'pulp'". Un día coñece a unha prostituta, Vanesa Paraíso, e a súa calma muda nunha axitación que o desacouga. O escritor, nacido en Rubín (Sarria) en 1958 vive na capital catalá dende os sete anos e adoita percorrer decotío a parte antiga da cidade como comercial da empresa cárnica La Selva. Apunta que a parte da cidade que lle interesa máis literariamente "é a Barcelona das rúas estreitas, pero non o Barrio Gótico, senón outros menos de postal, menos vistosos, como son la Barceloneta ou o antigo Barrio Chino, que xa non é chino".