O Concello de Sarria negouse a financiar touradas, polo que este ano non haberá barbarie nin ranciada. Seica que o atranco non está en seren civilizados, senón en aforraren; pero non deixa de ser un bo sinal que se interrompa unha concatenación de trinta anos de animaladas.