lundi 14 juin 2010

O DÍA DO ESPAÑOL E AS NOSAS BARREIRAS DE PROTECCIÓN

Unha rapaza chámame en nome do Instituto Cervantes para convidarme a apoiar unha andrómena chamada 'Día do Español'. Explícolle que, coa Xunta erguendo unha barreira de protección do galego tras outra, en Galicia non estamos para dedicar días ao español.
Posté par Jaureguizar à 22:34 - Commentaires [3] - Permalien [#]

lundi 14 juin 2010

TUI RECUPERA UN MENÚ BURGUÉS DE 1891 EN GALEGO

MANUEL GAGO, en CAPÍTULO 0. [Debe ser un dos primeiros menús burgueses escritos en galego que se conservan, pero non é o único. Degustouse no Banquete Rexionalista que se celebrou co gallo dos Xogos Florais en Tui en 1891, dentro dos actos de exaltación da lingua e da cultura galegas e, como todos os banquetes da época, estivo sementado dunha interminable secuencia de discursos nos que participaron algúns dos oradores de sona no Rexionalismo.]
Posté par Jaureguizar à 22:16 - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 14 juin 2010

SARRIA, OS TOUROS MIRARÁN DENDE A BARREIRA

O Concello de Sarria negouse a financiar touradas, polo que este ano non haberá barbarie nin ranciada. Seica que o atranco non está en seren civilizados, senón en aforraren; pero non deixa de ser un bo sinal que se interrompa unha concatenación de trinta anos de animaladas.
Posté par Jaureguizar à 19:13 - Commentaires [8] - Permalien [#]
lundi 14 juin 2010

OS NEOFALANTES SEMPRE TEMOS QUE XUSTIFICÁRMONOS

Como denuncia Marcos Abalde, os neofalantes sempre temos que xustificarmos por falar en galego, pero dende que saín do armario e admitín a miña condición de neofalante, síntome mellor comigo mesmo.
Posté par Jaureguizar à 10:03 - Commentaires [6] - Permalien [#]