Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
16 juin 2010

MÚSICOS AO FONDO DA SELVA

O cineasta Werner Herzog contou nunha película a historia de Fitzcarrald, o heroe melómano que teimou por construír un escenario para interpretar ópera no medio da selva amazónica. O director explicara que o seu protagonista amaba con tal magnitude a ópera que todo lugar para representala parecíalle pouco agás aquela inmensa fraga. Safari Orquestra teima tamén en trasladar a música galega ata as últimas lindeiras da vangarda e para iso se adentrou nunha xungla de «soul, disco, pop, electrónica, jazz, house, funk...», enumera o cantante, Emilio López, para concluír que o seu estilo «é música electrónica con fusión, iso sempre».Esa mestura non deixa de ser un reflexo da variopinta tripulación que integra esta orquestra que marchou de safari. El propio Emilio López tirou pola banda de rock electrónico Skornabois no seu Lourenzá natal e participa na produción do seu novo álbum, ‘Ben deitei’, xunto co lugués Arturo Vaquero, o técnico de estudo que traballou para o maior número de álbumes en Europa Occidental.Comparten as súas ideas musicais con outros lugueses, os membros do dúo electrónico Telémaco, o tamén dj Álvaro Pardo ‘Dr. Think’ e Miguel Martínez ‘Rulos’, multiinstrumetista centrado no saxo e na frauta traveseira. A baixista Laura Romay completa o cadro compaxiándoo con Dion-A-Muh co propio Vaquero e co exotismo ex soviético de Kentoakí.As influencias recoñecidas e comúns chóvenlles de nomes tan afastados estilistica e temporalmente como Massive Attack, Thievery Corporation, Gang Starr, Red Snapper, Youssou N’Dour, Aretha Franklin ou Ella Fitgerald. Emilio López comenta que levan cinco anos tocando xuntos, «polo que ben deitamos de quitar o disco, sen tempo non era porque vai ser o noso primeiro disco». Engade que «fixemos o contrario que outros grupos, que quitan un disco e logo interpretan as cancións en directo; nós tocamos as cancións durante cinco anos en directo, mellorándoas, e logo escollemos unhas para o disco». Canto aos directos «non os faremos ata o inverno, temos que preparar o espectáculo». Con todo, Emilio López advirte de que «tiñamos material para outro disco, pero non nos pareceu razoable». O cantante sinala que «demos un paso adiante con este disco» no que atinxe ao son porque «a maiores dos arreglos de metales de saxo que fai Rulos, temos a trompeta do ribadense Pablo Fernández e o trombón do sarriao Moncho Rego». Achegan potencia a ‘Xirando’, ‘Visións’ e ‘Ninguén sabe’. Outro apoio é o ensanche no rexistro das voces na que incorporan a voz jazzística de Nalja Shami,que achega matices e sutileza aos temas ‘Distancia’, ‘Visións’, ‘Xirando’ ou ‘Ninguén sabe’, a canción máis escura das que rexistraron. Los Doré, o dúo coruñés que marcou os 90 galegos, son reivindicados por Safari Orquestra a través dunha colaboración do seu cantante, Marcos Meléndrez, no tema ‘Habana’. O único que Emilio López asume en solitario son as letras, que se moven entre a compoñente social e a introversión sentimental. Agora que A Mariña quedou asolagada polas chuvias, Safari Orquestra promete ser como os músicos embarcados no Titanic, que continuaron interpretando o ‘Máis preto, Oh, Deus!, de ti’ mentres o iceberg tronzaba o trasatlántico.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 432
Publicité