mercredi 16 juin 2010

MÚSICOS AO FONDO DA SELVA

O cineasta Werner Herzog contou nunha película a historia de Fitzcarrald, o heroe melómano que teimou por construír un escenario para interpretar ópera no medio da selva amazónica. O director explicara que o seu protagonista amaba con tal magnitude a ópera que todo lugar para representala parecíalle pouco agás aquela inmensa fraga. Safari Orquestra teima tamén en trasladar a música galega ata as últimas lindeiras da vangarda e para iso se adentrou nunha xungla de «soul, disco, pop, electrónica, jazz, house, funk...», enumera o... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 18:45 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :

mercredi 16 juin 2010

PIÑEIRO REEDITA RONSEL

O centro Ramón Piñeiro reeditou os seis números da revista Ronsel, que se editou en Lugo en 1924, e que foron presentados este luns. Como indicou o  profesor da universidade de Perugia Otello Tavoni nun estudo sobre a publicación, "se se quere un exemplo dunha vangarda intelixente, capaz de influír unha cultura, non por un breve intre, senón nun longo tempo, a revista Ronsel é moi eficaz". Esta publicación agora reeditada e que foi presentada este luns na casa consistorial de Lugo, reproduce os números aparecidos e... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 18:41 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mercredi 16 juin 2010

IOLANDA ZÚÑIGA: "NON SINTO QUE VAIA RENOVAR NADA"

Montse Dopico entrevista a Iolanda Zúñiga: [Das novelas como a túa, como as doutros autores e autoras que utilizan esa técnica de introducir fragmentos de elementos da nosa realidade: os medios, as novas tecnoloxías.. chámaselles ás veces textos posmodernos. O xurado viu nesta obra un chanzo máis na renovación da narrativa galega. Se cadra vós, só tratades de reflectir o que vedes... Estou de acordo contigo. Eu non sinto que vaia renovar nada. O que escribo é algo que xorde de maneira natural, pola vida que me tocou, os empregos... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:18 - Commentaires [2] - Permalien [#]