jeudi 17 juin 2010

2072: TRASLADAN A CELA Á CIDADE DA CULTURA ATA A FIN DOS DEREITOS

M,. Cheda, na Voz: [O preacordo ao que o Goberno autónomo chegou o 27 de maio coa Fundación Camilo José Cela para a integración desta última na esfera pública descarga nun grupo de expertos de futura constitución a responsabilidade de precisar que partes do legado do Nobel deben continuar en Padrón e cales procede trasladar ao monte Gaiás, nos arredores de Santiago. As que finalmente poidan levar ao complexo compostelán permanecerían alí, como tamén prescribe o pacto referido, durante 62 anos, ou sexa, ata o 2072, cando, transcorridos... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 19:51 - Commentaires [0] - Permalien [#]

jeudi 17 juin 2010

PAULA FERNÁNDEZ: "'A COROA DE NAPOLEÓN', UN BO RESULTADO"

PAULA FERNÁNDEZ critica A coroa de Napoleón no Culturas do Faro de Vigo: [A coroa de Napoleón é unha novela de detectives para adolescentes con todas as características que isto implica, a xuventude e inusual independencia dos protagonistas, a aparición de problemas de grande importancia dentro da súa vida cotiá e as súas ganas de enfrontarse a eles, momentos humorísticos localizados nos momentos máis relaxados, á beira doutros máis tensos que reflicten perigo, misterios históricos inseridos nunha aura sobrenatural e unha inocente... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 19:43 - Commentaires [0] - Permalien [#]