vendredi 18 juin 2010

ESPECIALISTAS

O MEU TÍO Juan era o maior especialista en alzheimer que vivía en Galicia. Como padecía a doenza, andaba en romaría, de especialista en especialista, para consultarse. Estaba subscrito a varias revistas médicas norteamericanas que lle chegaban á Coruña. Estoulles falando duns anos nos que internet era aínda un enxendro rudimentario co que o Pentágono presumía diante da KGB. O meu tío estaba ao día de canto avance se lograba para combater a súa enfermidade, polo que supoño que visitaba os galenos do país para cambiar impresións ou... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 19:07 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :

vendredi 18 juin 2010

FINOU SARAMAGO

Finou Saramago. A pesares da entrega absoluta do meu sogro pola súa obra e de que teimou en agasallarme con varios romances seus, a min nunca me atraeu como escritor, nunca compartín a súa obsesión relixiosa.
Posté par Jaureguizar à 15:34 - Commentaires [3] - Permalien [#]
vendredi 18 juin 2010

NEGOCIAR SOBRE MEIRÁS? SOBRE QUE?

A Xunta avoga por levar vía do diálogo ata os confíns do Universo para que todos poidamos coñecer a dacha da Pardo Bazán que despois foi a Disneyland veraniega de Franco. Eu sei que este goberno é inclinado a conversa e tendente á kermesse, pero tendo en conta que o pazo de Meirás lle foi entregado ao ditador daquela maneira, o que debería facer é establecer os días de visita e comezar os trámites para a súa restitución ao patrimonio público.
Posté par Jaureguizar à 11:15 - Commentaires [0] - Permalien [#]
vendredi 18 juin 2010

OS COORDINADORES DE NORMALIZACIÓN PLANTAN DE VEZ

Galicia Hoxe: [Os coordinadores central e provinciais dos equipos de normalización -Olga Iglesias, Mercedes Queixas, Carlos Vázquez, Paulino Peña e Iago Castro- enviáronlles unha carta informativa ós centros educativos na cal comunican que deixan os cargos que exercían dende hai tres anos e medio. Aínda que, segundo fontes de Política Lingüística, na Xunta non teñen constancia de que comunicasen a súa dimisión, unha das profesoras consultadas, a tamén escritora Mercedes Queixas confirmoulle a este xornal a decisión de abandonar os... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:02 - Commentaires [0] - Permalien [#]