Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
21 juin 2010

AGORA TAMÉN ESCRIBEN 'ESAS'

HAI UNS DÍAS que me pregunto onde estaba Joyce Carol Oates e onde estaba eu. Quero dicir, ando con ‘Mamá’ (Alfaguara) e preguntándome por que non lera aínda a Oates. Con Iolanda Zúñiga aconteceume algo semellante hai dous anos. Certo que ela non publicara aínda, pero ‘Vidas post-it’ (Xerais) abraioume con tal intensidade que me preguntei por que non aparecera antes na miña vida lectora. Daquela, andaba eu algo canso dese xeito profesoral no que se escribe moita da literatura feminina en Galicia. Distingo literatura escrita por unha muller e literatura feminina porque hai homes que escriben litetatura feminina. A diferenza é unha voluntariedade de narrar coa condición de femia no centro do imaxinario. As nosas autoras máis mediáticas están certas de que a literatura é un arma cargada de ecoloxismo e feminismo, polo que adoitan inclinarse cara ao didactismo e ao proselitismo, e a esqueceren que a novela e o ensaio son estradas diferentes que conducen a lugares afastados. O Premio Xerais deste ano deume unha alegría respaldando o talento deitado por Zúñiga en ‘Periferia’, como ma deu o Terra de Melide con Eva Moreda. O editor Manuel Bragado, de feito, advertiu de que «felizmente vivimos na primeira década das narradoras galegas». Atrás ficaron os tempos do Baroja que non lle cría a Delibes que vendera 5.000 exemplares en tres meses. Delibes retrucou que «é que agora len as mulleres» e Baroja aceptou retorcendo o fígado ácedo de misoxinia : «Se empezaron a ler ‘esas’...». Joyce Carol Oates atende a narrar, mais advirte de que as súas personaxes «non están en silencio: elixen con infinita precaución a súa linguaxe para poder sobrevivir e prosperar».

Publicité
Publicité
Commentaires
D
Sobre a incapacidade de atopar quen lles publique ós poucos que queiran ir máis aló, son consciente deses inconvenientes dos que fala, Jaureguizar. E non me parece unha actitude de todo comprensible no sector editorial galego. Entendo que o editor de Pérez Reverte, como dixo Cau, ou de Nora Roberts ou o do Stieg Larsson prefiran non editar nada distinto. Pero aquí non é así, como dicía unha canción de Caifanes. Digo eu.
Répondre
D
Coidaba que se estaba a falar de lectoras. Sobre lectores xa se falou moito, e a conclusión foi que practicamente só hai lectores do Marca. Pareceume repetitivo volver con esa vaca ó millo.<br /> Non, os meus comentarios veñen a conto da presunta "renovación" ou incluso "salvación" que podería supoñer para a literatura a incorporación masiva de mulleres. Eu descreo desa teoría. Reverti-la situación non é cuestión de sexo, nin de dar preferencia á presenza de enfoques ou protagonismo feminino nunha obra literaria, do que eses dous premios literarios dos que fala son claro exemplo. Iso cambia algo, pero non provoca un avance. Son distintas formas de erro.<br /> Tamén penso que se me malinterpretou. Por unha banda, xamais me referín en exclusiva a escritoras. Eu falei desta "nova" xeración, na que hai -es e hai -as. Do que falei é do xeito (subliñado) en que escriben, que é correcto, pero máis nada. Sendo optimista, e supoñendo que teñan entrañas para falar de cousas menos agradables mais reais, entendo que poden facer iso por temer caer nun estilo incorrecto, pouco coidado. Entendo que fan iso por escribir coas ringlas ben dereitas, para non saír do rego. Por iso digo que desconfío da súa independencia e do seu carácter rompedor. Para min, non existe.
Répondre
J
Doink, vai ser difícil que xurdan propostas de risco porque, entre a crise económica e a do modelo baseado no papel, non van atopar editor.
Répondre
J
Cau, eu concordo que existe un prexuízo sobre a literatura escrita por mulleres. Zúñiga, por exemplo, racha con eses tópicos.
Répondre
J
Doink, considero errado preguntarse polas lectoras de Cid Cabido cando, ata 'Unha historia que non vou contar', tampouco tivo lectores. Efectivamente, calidade non lle faltou nunca.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité