Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
25 juin 2010

UN POLBO DE DEZ PATAS

O MEU AMIGO Federico Goiarrola contaba que a súa avoa, unha dama desas que en Bilbao chaman ‘xente principal’, non probara o polbo. No día no que se deitou no seu camastro con dosel para agardar mansamente pola morte, a filla achegoulle cun pratiño de polbo mollado cunhas pingas de aceite e aderezado cuns beliscos de sal e pementa. A señorona volvéuselle: «Os de Bilbao non comemos eses bechos!» Ata hai unhas décadas non o facían nin os de Bilbao nin o resto dos vascos. Na vila do meu pai, Bermeo, poderían tirarlle aproveitamento ao cefalópodo porque alí ten dous tentáculos máis: dínlle ‘amarratza’ (‘dez patas’). Kirmen Uribe cóntao en ‘Bilbao-New York-Bilbao’ (Xerais), onde tamén fala dun barco de Ondarroa que andaba ao atún polas costas galegas. Os mariñeiros aburrían e déuselles por fondear para pintar o navío. Os veciños daquela costa botaban o día mirando a embarcación. Correra o ruxerruxe de que os atuneiros vascos pescaban máis porque tiñan o fondo de cristal. O noso goberno lanzou en Xermade a proposta de aproveitar a enerxía das mareas. Os mandatarios deben abrir expectativas para que os países avancen. Confiemos en que o uso rendible da enerxía mareamotriz non sexa un polbo de Bermeo ou un atuneiro de Ondarroa.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité