Guillerme Vázquez fixo unha atinada metáfora, asegurando que "Rosalía e Daniel están secuestrados", e unha comparación moi plástica. O do Gernika, lembroume o que sinala Kirmen Uribe en 'Bilbao-Nova York-Bilbao', de que en "en cada casa vasca había unha reprodución do Gernika" (na dos meus avós maternos, por exemplo) e faime pensar que deberíamos tomar os nosos símbolos coa mesma solemnidade.

Francisco Rodríguez propuxo unha terna axeitada de obxectivos para reordear o uso público dun patrimonio que penso que pagamos todos, ou?: [1) lograr a apertura ao público en horarios de mañá e tarde por conta da administración; 2) reclamar a aconfesionalidade para o espazo do Panteón, así como a xestión pública do mesmo; 3) en caso de oposición por parte da Igrexa, esixir da Xunta o inicio das xestións para reubicar o Panteón nun espazo digno de propiedade pública ou, se for posíbel, reclamar legalmente, tendo en conta os antecedentes e as circunstancias que concorren no caso, a titularidade parcial ou total de San Domingos de Bonaval.]