lundi 28 juin 2010
GUILLERME VÁZQUEZ: "PECHAR O PANTEÓN É COMO PODAR A ÁRBORE DE GERNIKA"
Guillerme Vázquez fixo unha atinada metáfora, asegurando que "Rosalía e Daniel están secuestrados", e unha comparación moi plástica. O do Gernika, lembroume o que sinala Kirmen Uribe en 'Bilbao-Nova York-Bilbao', de que en "en cada casa vasca había unha reprodución do Gernika" (na dos meus avós maternos, por exemplo) e faime pensar que deberíamos tomar os nosos símbolos coa mesma solemnidade.
Francisco Rodríguez propuxo unha terna axeitada de obxectivos para reordear o uso público dun patrimonio que penso que... [Lire la suite]
lundi 28 juin 2010
CANEIRO: "A ELECCIÓN DE PEREIRO É DESACERTADA"
Caneiro cruza o Limes na Voz: ["A literatura posúe valores ecuánimes e incorruptibles, mensurables por calquera perito na materia. Como supoño que os sabios da Academia coñecen tales parámetros, resístome a considerar como acertada a elección do autor do 2011.]
lundi 28 juin 2010
A CABEZA BORRADORA DE LOIS PEREIRO
O día do pasamento de Lois Pereiro, eu andaba no Golf negro de Reixa lonxeando por Portugal. Andabamos á procura de localizacións para aquela película que se nos frustrou. Antón parou nunha gasolineira e chamou para preguntar polo amigo. A súa cara de ledicia eterna mudou a riscos caídos. E empezou a falar e falar de Lois, Lois, Lois,... das catro Loia manufacturadas con Rivas, Patiño e Josito; das lecturas de Lois, sempre adiantadas ás daqueles adiantados; do impactante dunha poesía xerada a anos luz das outras todas...... [Lire la suite]