Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
29 juin 2010

M. CHEDA: "A FUNDACIÓN CELA GASTOU EN 2009 UN 44% MÁIS DO ORZAMENTADO"

M. Cheda en La Voz: [Baixo presidencia de Marina Castaño, a Fundación Camilo José Cela desembolsou o ano pasado un 43,9% máis do que orzara: 676.456 euros en lugar de 470.000. No polo oposto, apenas ingresou 454.559, ou sexa, un 3,3% menos do formalmente programado. Todos os datos figuran nas últimas contas da institución, as cales prescriben cubrir ese déficit de case un cuarto de millón vía dedución de fondos propios á conclusión do 2010. Aprobados polo padroado da sociedade o 27 de maio, os números recibiron luz verde xunto ao preacordo pactado coa Xunta para a integración da entidade, previa redución «drástica» dos seus gastos, na esfera autonómica.]

Ás veces presumímoslle ao matrimonio un efecto de ósmose: damos por suposto que se unha azafata de congresos casa cun intelectual sólido, vai estar á altura. Somos tan xenerosos que concedemos que esa relación morganática lle serve para mudar a periodista e mesmo opinar como tal. Mesmo pensamos que o talento poderoso nuna materia; a literatura, poñamos por caso, serve para todos, que un Premio Nobel de Literatura pode ser un xestor eficaz. Xuntando os supostos, mesmo poderíamos aventurar que unha azafata casada cun Premio Nobel de Literatura vai ter a capacidade precisa para xestionar unha fundación.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité