mercredi 30 juin 2010

JULES VERNE, A CONTRAPELO

O coñecemento de que se recuperara unha novela de Jules Verne gardada como un anel de Nefertiti durante un cento de anos encheume de ledicia. Nórdica rehabilita en español unha peza do autor que máis lin na mocidade e ao que non cesei de imitar dende aquela.
Posté par Jaureguizar à 23:35 - Commentaires [1] - Permalien [#]

mardi 29 juin 2010

M. CHEDA: "A FUNDACIÓN CELA GASTOU EN 2009 UN 44% MÁIS DO ORZAMENTADO"

M. Cheda en La Voz: [Baixo presidencia de Marina Castaño, a Fundación Camilo José Cela desembolsou o ano pasado un 43,9% máis do que orzara: 676.456 euros en lugar de 470.000. No polo oposto, apenas ingresou 454.559, ou sexa, un 3,3% menos do formalmente programado. Todos os datos figuran nas últimas contas da institución, as cales prescriben cubrir ese déficit de case un cuarto de millón vía dedución de fondos propios á conclusión do 2010. Aprobados polo padroado da sociedade o 27 de maio, os números recibiron luz verde xunto ao... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 07:41 - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 28 juin 2010

GUILLERME VÁZQUEZ: "PECHAR O PANTEÓN É COMO PODAR A ÁRBORE DE GERNIKA"

Guillerme Vázquez fixo unha atinada metáfora, asegurando que "Rosalía e Daniel están secuestrados", e unha comparación moi plástica. O do Gernika, lembroume o que sinala Kirmen Uribe en 'Bilbao-Nova York-Bilbao', de que en "en cada casa vasca había unha reprodución do Gernika" (na dos meus avós maternos, por exemplo) e faime pensar que deberíamos tomar os nosos símbolos coa mesma solemnidade. Francisco Rodríguez propuxo unha terna axeitada de obxectivos para reordear o uso público dun patrimonio que penso que... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 21:32 - Commentaires [5] - Permalien [#]
lundi 28 juin 2010

CANEIRO: "A ELECCIÓN DE PEREIRO É DESACERTADA"

Caneiro cruza o Limes na Voz: ["A literatura posúe valores ecuánimes e incorruptibles, mensurables por calquera perito na materia. Como supoño que os sabios da Academia coñecen tales parámetros, resístome a considerar como acertada a elección do autor do 2011.]
Posté par Jaureguizar à 17:24 - Commentaires [25] - Permalien [#]
lundi 28 juin 2010

A CABEZA BORRADORA DE LOIS PEREIRO

O día do pasamento de Lois Pereiro, eu andaba no Golf negro de Reixa lonxeando por Portugal. Andabamos á procura de localizacións para aquela película que se nos frustrou. Antón parou nunha gasolineira e chamou para preguntar polo amigo. A súa cara de ledicia eterna mudou a riscos caídos. E empezou a falar e falar de Lois, Lois, Lois,... das catro Loia manufacturadas con Rivas, Patiño e Josito; das lecturas de Lois, sempre adiantadas ás daqueles adiantados; do impactante dunha poesía xerada a anos luz das outras todas...... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 10:55 - Commentaires [2] - Permalien [#]
dimanche 27 juin 2010

UNAMUNO COLONIZADO

A VÉSPERA da selectividade, sentín que me tocaría escribir sobre Unamuno. A miña nai comentoume ese día que o pensador nacera en San Sebastián porque a miña avoa materna cruzaba con el no paseo da Concha. Na proba, tocoume Unamuno. Daquela léralle ‘Paz en la guerra’, que conta o sitio de Bilbao polos carlistas. Desa novela lembro as súas queixas porque as bombas dos sitiadores impedían que a súa avoa Salomé lle cociñase pasteis. Simpatías como a que sentía eu polo pensador son as que animan as empresas intelectuais e artísticas. Aí... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 18:04 - Commentaires [0] - Permalien [#]

dimanche 27 juin 2010

O GORDO DAS LETRAS VENDEUSE ÍNTEGRO EN MONFORTE

O sábado de onte foi un sábado bonito. Ben cansei de lindar pícaros; abondoume de mirar unha de romanos en versión 3D, pero a primeira hora da tarde chamoume a miña xefa, Rocío, con ánimo en K.O. "Gañou o teu! Gañou o teu! Non pode ser!". Os periodistas temos un sistema inverso de ledicias e decepcións. Ás veces morre un gran escritor e nos poñemos contentos porque nos salva un día informativamente baleiro. A victoria do meu significa que, un ano máis, o Gordo das Letras tocaba na provincia de Lugo e, un ano máis tocaranos... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:30 - Commentaires [2] - Permalien [#]
vendredi 25 juin 2010

UN POLBO DE DEZ PATAS

O MEU AMIGO Federico Goiarrola contaba que a súa avoa, unha dama desas que en Bilbao chaman ‘xente principal’, non probara o polbo. No día no que se deitou no seu camastro con dosel para agardar mansamente pola morte, a filla achegoulle cun pratiño de polbo mollado cunhas pingas de aceite e aderezado cuns beliscos de sal e pementa. A señorona volvéuselle: «Os de Bilbao non comemos eses bechos!» Ata hai unhas décadas non o facían nin os de Bilbao nin o resto dos vascos. Na vila do meu pai, Bermeo, poderían tirarlle aproveitamento ao... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 01:23 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 22 juin 2010

SENADO, ESPAÑOL, PUEBLO: UNO Y TRINO

Público: ["El Senado es una Cámara nacional, formada por españoles, que representan al pueblo español que tienen deber de conocer la lengua oficial común que es el castellano, por lo tanto, el castellano debe ser la lengua que se utilice en las actividades del Senado", argumentan los 'populares'.]
Posté par Jaureguizar à 20:23 - Commentaires [5] - Permalien [#]
mardi 22 juin 2010

OS INDIOS EMIGRANTES DE DARRIBA, PREMIO GONZÁLEZ GARCÉS

Vieiros: [O xornalista Manuel Darriba (Sarria, 1973) é o gañador do XV premio de poesía Miguel González Garcés, que convoca a Deputación da Coruña. O galardón, de carácter bianual, ten unha dotación de 6.500 euros en metálico e leva aparellada a publicación da obra. O xurado, composto polo propio presidente do organismo provincial, Salvador Fernández Moreda; a deputada Caridade González Cerviño; Xavier Seoane; Manuel Álvarez Torneiro; Xosé María Álvarez Cáccamo; Xavier Lama; Ánxeles Pena; e Henrique Rabuñal apoiou unanimemente a obra... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 18:03 - Commentaires [0] - Permalien [#]