Alguén da ETB vén de mercar un manual sobre como converter un tipo incapaz de comunicar nun líder que tire pola CAV. No magazine de maitines informan de que os vascos elixen a López para ir de cañas. Porei acaroado a ese comentario que o Euskobarómetro, que dirixe Llera (nada sospeitoso de non ser prosocialista), recoñece que soamente o 22 por cento dos vascos aproba a xestión de López e o 66 por cento rexéitaa frontalmente. A pregunta é: Para que queren os vascos ir de cañas con Lòpez? O caso é que alguén na ETB empezou a aplicar o manual e xa mudou todo o equipo de colaboradores, quitando os nacionalistas (vascos) e metendo os nacionalistas que repiten a doctrina da terceira cámara lexislativa española. Alguén na ETB procura consolidar a fición de que as tres provincias da CAV fixeron deixación de nacionalismo (vasco) e de que o goberno López-Basagoiti non foi elexido por votos que representaban a un 85% do electorado ou que un sufraxio dun alavés vale o triple do que emite un guipuscoano. Tras o labor televisivo, falta por borrar esas pintadas que asolagan Bilbao, con textos da caste: López, inútil. A sensación, aquí, é que alguén na ETB perde o tempo ao xeito de Sísifo, como ben explica Arabatik.