mardi 13 juillet 2010

O PADRÓN DAS PRESUNCIÓNS

Ás veces presumimos que o matrimonio ten un efecto de ósmose: que se unha azafata casa cun intelectual sólido, vai estar á súa altura. Mesmo pensamos que talento poderoso nuna materia; a literatura, poñamos por caso, serve para todos, que un Premio Nobel de Literatura pode ser un xestor eficaz. Xuntemos os supostos e pensemos que unha azafata casada cun Premio Nobel de Literatura vai ter a capacidade precisa para xestionar unha fundación. Os perxudicados de tanta presunción foron os de Padrón.
Posté par Jaureguizar à 17:13 - Commentaires [0] - Permalien [#]

mardi 13 juillet 2010

O PERSONAL JESUS VALENCIÁN

O goberno trentino da Comunidade Valenciá acordou xerar unha exposición individualizada de monstros. As mulleres que, solventando o seu inferno endóxeno, se atrevan a abortar, van enfrontar unhas visións do Inferno á moda de Dante. Xa postos a premer nos terrores das rapazas aterrorizadas, poderían proxectar vídeos de Marilyn Manson; cando menos teñen unha estética teatral coidada. A maiores, recoméndolles ler máis abaixo na lista dos mandamentos que revisaron para tomar esta decisión, porque hai que ordea: Non corruptelarás.
Posté par Jaureguizar à 17:10 - Commentaires [0] - Permalien [#]