Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
18 juillet 2010

ASASINOS E LARPEIROS

Padecemos a certeza de que Stieg Larsson é reproducible coma os edredóns ou os salmóns de piscifactoría. Mentres agardo a que esa onda se deite para procurar novelas nórdicas que paguen a lectura, ando cunha de asasinos de verdade. Pierre Michon partiu para escribir 'Os once' (Galaxia) dun cadro no que Corentin retratou o Comité de Salvación Pública. Robespierre e Saint Just encabezaban ese organismo, creado para rendibilizar o invento de Guillotin. Lendo en 'Os once' acordei de 'El goloso' (Alianza), a historia europea do xantar que escribiu Conde de Sert. Afirma Sert que o tribunal popular que condenou á raíña francesa a ser decapitada celebrouno a base de guisos de varias aves. A Saint Just defíneo como sofisticado no mantel e sorprende caracterizando a Robespierre como vexetariano, ao xeito de Hitler. Sobre o psicópata nazi conta o seu arquitecto, Albert Speer - 'Memorias' (Acantilado)- que gustaba de mirar en privado filmes lixeiros; ata o punto de pedirlle a Goebbels “películas musicais que ensinasen perna”. Sert sinala o curioso de que a Robespierre remexíanselle as tripas se vía sangue. Non menos conmovedor foi que Hitler viuse forzado a deixar de beber Coca Cola, como relata Joachim Fest, autor de 'El hundimiento (Galaxia Gutenberg). Deberíamos escoitar a Jorge Coira cando asegura, a respecto de '18 comidas', que tomamos moitas decisións determinantes en comidas. Segundo Conde de Sert a constitución francesa de 1793 foi redactada nun xantar. Saiu máis precisa ca dos Estados Unidos, un país que o tamén membro do Comité de Salvación, Talleyrand, desprezaba porque “posúe 32 relixións e un só prato e malo”.

Publicité
Publicité
Commentaires
J
un xenio (das relacións), logo. Cando volva a Lugo mirarei isto que me conta, que é ben interesante.
Répondre
R
Foi, efectivamente. Pero é que David traballou para Luis XVI, para a República e para o Imperio (despois tamén no exilio). A súa influencia foi enorme en cada un destes periodos.
Répondre
J
Moitas grazas, meu. Ando moi atarefado (piscina, tertulias materno-filiais, supresión de cueiros noturnos,...) e quedei a metade da novela. Polo de agora, non atopei a David, pero xa lle contarei. De todos os xeitos, se non estou enganado, o papel importante de David é posterior. Non foi quen pintou a Napoleón coroándose en Notre Dame? (Ando apresado para consultar no Google)
Répondre
R
Gran post! Os meus maiores intereses nun só parágrafo. Sae Jacques-Louis David n'Os Once?
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 574
Publicité