samedi 31 juillet 2010
LARSSON OU A CONCENTRACIÓN DA RIQUEZA LITERARIA
'Millenium' vén de empoleirarse no cumio das vendas nos Estados Unidos; a maiores, a serie supera o millón de ventas electrónicas. Levaba razón o bo de Karl (un perspicaz teórico, un cándido pragmático) cando nos indicou a tendencia do capitalismo a concentrar a riqueza no menor número de persoas posible. A literatura vai polo mesmo carreiro con inclinación a descarreirarse: cada volta lese máis un menor número de libros.
mercredi 28 juillet 2010
CINEMA POR ANDAR LIXEIROS
Os Mr. Misto pedíronme unha benvida para O Festivalón e di máis ou menos así: "En Ribadeo gustamos de vivirmos lixeiros. Eu sempre atribuín esa querencia a que a vila empezou a construírse en Cabanela, ao pé do mar, para ser rematada nos peiraos de Rotterdam ou Estocolmo, ata onde navegaban os nosos capitáns e onde amarraban os nosos mariños. Pois si, en Ribadeo, somos de andares lizgairos, sempre camiñamos cun sorriso no bico e unha estrela na fronte. O noso Concello presentou unha enmenda á totalidade á Lei Universal da... [Lire la suite]
mardi 27 juillet 2010
RIVAS MÉTESE A CONTRABANDISTA
Alberto Ramos, en Xornal: [Manuel Rivas ofrecerá en outono unha nova novela da man da Editorial Xerais. Nesta ocasión, o escritor e académico introducirase no mundo do contrabando. Para iso, Manuel Rivas ideará unha vila inventada como escenario da súa nova creación, titulada Todo é silencio. “Acontece nun lugar imaxinario con referencias reais da costa atlántica. Nárrase o ascenso dun capo do contrabando, pero o realmente esencial na obra son as personaxes. O contrabando é simplemente o pano de fondo”, adianta o académico Manuel... [Lire la suite]
lundi 26 juillet 2010
BICOS EN CAIXAS FORTES
A miña adolescencia foi emérita. Emérita, non por excelsa, senón que a prolonguei varios anos. Tamén foi unha adolescencia rara porque dedicábame a ler os novelóns de Kafka cando debería ocuparme en actividades que me axudasen a desenvolver o meu espectro afectivo e social, como apoderarme de sinais de tráfico para cambialas de ubicación e furtarlles o sentido. A maiores do 'Top Kafka', lin escritos menos considerados, como as 'Cartas a Milena' (Alianza). Kafka, autor alemán nacido en Chequia, non dominaba o idioma do seu país, polo... [Lire la suite]
jeudi 22 juillet 2010
DESENCANTO DA CARPINTEIRÍA
Cando era un mozote estaba certo de que ser escritor era o top das ilusións. Por iso, consagrei ducias de horas a ler a Kafka. Transcorridos uns anos, decateime de que imprescindibles eran os carpinteiros, os señores que nos fornecían de cousas que usamos todos os días: camas, mesas, armarios. Mirar a Javier Losada e Beatriz Mato montando mobles no Ikea da Coruña devolveume ao pensamento vello: é máis admirable ser escritor. A visión devolveume a Kafka. O escritor alemán de DNI checo era o que a sociedade aletrada chamaría un... [Lire la suite]
mercredi 21 juillet 2010
IKEA CASILLAS
Zapatero animou a Rajoy á resignación catalá. “Convénzaos vostede de que non unha nación”, veu espetarlle aproximadamente. Euskadi vai encarreirado polo mesmo rego e logo de que remate a política fición de que os vascos as prefiren españolas, teremos dúas forzas centrípetas no Reino. Galicia, coma adoita, con Feijoo arremangándose para facer un estatuto sen a forza que historicamente tirou máis por un goberno de nós e posibilitou que teñamos unha identidade gubernativa maior ca de Región de Murcia. Galicia, tan frívola coma sempre,... [Lire la suite]
dimanche 18 juillet 2010
ASASINOS E LARPEIROS
Padecemos a certeza de que Stieg Larsson é reproducible coma os edredóns ou os salmóns de piscifactoría. Mentres agardo a que esa onda se deite para procurar novelas nórdicas que paguen a lectura, ando cunha de asasinos de verdade. Pierre Michon partiu para escribir 'Os once' (Galaxia) dun cadro no que Corentin retratou o Comité de Salvación Pública. Robespierre e Saint Just encabezaban ese organismo, creado para rendibilizar o invento de Guillotin. Lendo en 'Os once' acordei de 'El goloso' (Alianza), a historia europea do xantar que... [Lire la suite]
vendredi 16 juillet 2010
KAPOOR, O HOME BALA
Nas noites de xullo estame acompañando un volume de fotografías que Jean Marie del Moral fixo a Barceló en punto de bulimento. Cando o sol se apaga, segue indo caloriña nun Ribadeo que non semella el da quentura diurna. Eu aproveito para imaxinarme en Mali onda Barceló, asistindo á creación dos lenzos que se alternan coas imaxes. Un libro bonito que me permite vivir a emoción da arte. Case mellor, escribo revivir. Hai unha semana estaba no Guggenheim e deina gozado cunha instalación de Anish Kapoor. O centro de arte bilbaíno cedeulle... [Lire la suite]
mardi 13 juillet 2010
O PADRÓN DAS PRESUNCIÓNS
Ás veces presumimos que o matrimonio ten un efecto de ósmose: que se unha azafata casa cun intelectual sólido, vai estar á súa altura. Mesmo pensamos que talento poderoso nuna materia; a literatura, poñamos por caso, serve para todos, que un Premio Nobel de Literatura pode ser un xestor eficaz. Xuntemos os supostos e pensemos que unha azafata casada cun Premio Nobel de Literatura vai ter a capacidade precisa para xestionar unha fundación. Os perxudicados de tanta presunción foron os de Padrón.
mardi 13 juillet 2010
O PERSONAL JESUS VALENCIÁN
O goberno trentino da Comunidade Valenciá acordou xerar unha exposición individualizada de monstros. As mulleres que, solventando o seu inferno endóxeno, se atrevan a abortar, van enfrontar unhas visións do Inferno á moda de Dante. Xa postos a premer nos terrores das rapazas aterrorizadas, poderían proxectar vídeos de Marilyn Manson; cando menos teñen unha estética teatral coidada. A maiores, recoméndolles ler máis abaixo na lista dos mandamentos que revisaron para tomar esta decisión, porque hai que ordea: Non corruptelarás.