Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
1 août 2010

UN DIRIXENTE NACIONAL DO BLOQUE FOI ASASINADO

Alberto Ramos informa en Xornal:[ “É unha novela negra cun detective bastante afeccionado ás culturas orientais que investiga o asasinato dun parlamentario”. Deste xeito define Diego Ameixeiras o argumento da súa próxima novela, Asasinato no Consello Nacional, que publicará a editorial Xerais á volta do verán. Con esta nova obra, Diego Ameixeiras segue a liña doutras obras que empregan como pano de fondo a política como pode ser a lembrada Asesinato en el Comité Central, de Manuel Vázquez Montalbán.

Como pano de fondo, Diego Ameixeiras escolleu un capítulo próximo na historia política da formación nacionalista. “A novela transcorre dende que o bipartito perde as eleccións até a asemblea. O asasinato prodúcese no Consello Nacional no que a executiva do Bloque dimite. A historia transcorre dende eses momentos e nos meses até que se produce a asemblea”, sinala Diego Ameixeiras.]

Publicité
Publicité
Commentaires
A
After read blog topic's related post now I feel my research is almost completed. happy to see that.Thanks to share this brilliant matter.
Répondre
L
http://renovarobng.blogaliza.org/2010/08/01/asasinato-no-consello-nacional/#comments
Répondre
D
A min non me parece mal buscar temas cos que o público poida implicarse, é algo normal se tes decidido que escribes para o público (para quen coide que todo escritor o fai, diso nada). <br /> O que máis me preocupa últimamente é a progresiva desaparición da literatura para adultos en Galicia. Literatura para adultos no sentido subversivo. Exceptuando as Narrativas Quentes de Positivas, xa apenas se ve nada que resulte provocador. (Non que teña esa intención, ollo. Porque se se vai con intención de escandalizar, xeralmente non funciona, resulta artificial.) Tal vez sexa que a literatura infantil-xuvenil ten un peso enorme na contabilidade das editoras, pero acho que case todo o que se publica agora é un pouco "PG", que din en Estados Unidos, quere dicirse, "para tódolos públicos". Diego Ameixeiras sempre deu imaxe de escritor "fedello", pero realmente nunca traspasou a liña.
Répondre
M
O prantexamento é de marketing. Como atraer a atención dos lectores potenciais en galego cun tema que os implique. Logo vira o que non se pode facer con marketing. A literatura, a ver se hai literatura e non só marketing. Dende logo que semella o tipico esquema dun guién de culebrón.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité